Xosé Manuel Olveira "Pico"
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1955 Creo, España |
Morte | 13 de xuño de 2013 (57 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 1972 - 2013 |
Premios | |
| |
Xosé Manuel Olveira "Pico" Gallardo, nado en Creo (Esteiro, Muros) o 7 de setembro de 1955 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xuño de 2013, foi un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a traballar no teatro en 1972 na compañía de teatro afeccionado Ditea, onde permaneceu ata 1984. Ao ano seguinte, en 1985 comezou a súa colaboración co Centro Dramático Galego, co que chegou a participar en moitas das súas producións dos anos oitenta e noventa. Entre os seus últimos espectáculos figuraron Aeroplanos, da compañía Lagarta Lagarta, xunto a Ernesto Chao e baixo a dirección de Rosa Álvarez, ou O florido pénsil (2011).
Porén fíxose sobre todo coñecido para o gran público galego polas súas intervencións en series de moita audiencia coma Mareas vivas onde interpretaba o crego don Amancio, Pratos combinados, onde encarnaba o avogado Pedro Barreiro, ou en Padre Casares, onde exercía o papel de bispo.
En cine cabe salientar a súa colaboración en títulos tan importantes coma Mar adentro (2004) ou Os xirasoles cegos (2004), así coma noutras producións galegas de éxito coma Blanca Madison (1998), A vida que che espera (2004), O ano da carracha (2004) ou Máis ca irmáns (2005).
Entre 2009 e 2011 foi o presidente da Academia Galega do Audiovisual.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Puxéronlle Pico de neno pola forma do nariz[1]. Durante uns anos viviu como cantante de orquestra.
Faleceu por causa dun cancro que o obrigara a retirarse dos escenarios en 2012.
Obra
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]Ademais da súa traxectoria amadora co grupo Ditea, actuou en, entre outras,[2]
- A noite vai coma un río (1986, CDG), de Álvaro Cunqueiro e dirixida por Xulio Lago.
- A pousadeira (1987, CDG), de Carlo Goldoni e dirixida por Xan Cejudo.
- O mozo que chegou de lonxe (1988, CDG), de J. M. Synge e dirixida por Mario Gas.
- Yerma (1990, CDG), de Federico García Lorca e dirixida por Xosé Manuel Blanco Gil.
- O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991, CDG), de Álvaro Cunqueiro e dirixida por Ricard Salvat.
- A lagarada (1992, CDG), de Otero Pedrayo e dirixida por Pere Planella.
- Saxo tenor (1992, Teatro do Aquí).
- Na casca dunha árbore (1992, Kukas Producións)
- Leoncio e Helena (1993, CDG), de George Büchner e dirixida por Ánxeles Cuña.
- A fiestra valdeira (1994, CDG), de Rafael Dieste e dirixida por Xulio Lago.
- O mariscal (1994, CDG), de Ramón Cabanillas e dirixida por Kukas (voz).
- Nin me abandonarás nunca (1995, CDG), de Xosé Posada Curros e dirixida por Manuel Guede.
- Viaxe e fin de don Frontán (1995, CDG), de Rafael Dieste e dirixida por Antonio Simón.
- Nau de amores (1995, CDG), de Gil Vicente e dirixida por Cándido Pazó.
- Hostia (1996, CDG), de Armando Cotarelo Valledor e dirixida por Manuel Lourenzo.
- Como en Irlanda (1996, CDG), de Antón Villar Ponte e dirixida por Quico Cadaval.
- Lisístrata, ou cando as mulleres reviraron (1997, CDG), de Aristófanes e dirixida por Eduardo Alonso.
- O peregrino errante que cansou ó demo (1997, CDG), de Xavier Lama e dirixida por Andrés Pazos.
- O bufón de El Rei (1997, CDG), de Vicente Risco e dirixida por Manuel Guede.
- Memoria de Antígona (1998, CDG), de Quico Cadaval e Xavier Lama, e dirixida por Quico Cadaval.
- Si o vello Sinbad volvese ás illas (1999, CDG), de Álvaro Cunqueiro e dirixida por Fabio Mangolini.
- Calígula (1999, CDG), de Albert Camus e dirixida por Manuel Guede.
- Cartas de amor (2000, Lagarta Lagarta)
- Binomio de Newton (2002, Teatro do Adro)
- O ano do cometa (2004, CDG), de Álvaro Cunqueiro e dirixida por Quico Cadaval
- Ricardo III (2005, CDG), de William Shakespeare e dirixida por Manuel Guede.
- A piragua (2207, CDG), da autoría e da dirección de Cándido Pazó.
- Noite de Reis. Ou o que queirades (2007, CDG), de William Shakespeare e dirixida por Quico Cadaval.
- Aeroplanos (2008, Lagarta Lagarta).
- As actas escuras (2010, CDG), de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Xúlio Lago; como Don Mauro.
- O florido pénsil (2011).
- Kafka e a boneca viaxeira (2013, Eme2).
Cinema
[editar | editar a fonte]Longametraxes
[editar | editar a fonte]- Eu, o tolo (1982), de Chano Piñeiro.
- Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro.
- Huidos (1993), de Sancho Gracia.
- A Fiestra valdeira (1994)
- El rey del río (1995), de Manuel Gutiérrez Aragón.
- Blanca Madison (1998), de Carlos Amil.
- El pianista (1998), de Mario Gas.
- La rosa de piedra (1999), de Manuel Palacios.
- A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda.
- Cando volvas ó meu lado (1999), de Gracia Querejeta.
- Entre bateas (2002) (TV), de Jorge Coira.
- A vida que che espera (2004), de Manuel Gutiérrez Aragón.
- O ano da carracha (2004), de Jorge Coira.
- Mar adentro (2004), de Alejandro Amenábar.
- La canción de Fémerlin (2005), de Manuel Pena.
- Máis ca irmáns (2005) (TV), de Ramón Costafreda.
- A biblioteca da iguana (2006), de Antón Dobao.
- Os xirasoles cegos (2008), de José Luis Cuerda.
- Os mortos van á présa (2009), de Ángel de la Cruz.
- Cela 211 (2009), de Daniel Monzón.
- Retornos (2010), de Luís Avilés Baquero.
- 18 comidas (2010), de Jorge Coira.
- Doentes (2011), de Gustavo Balza. Como Don Valeriano.
- Sinbad (2011), de Antón Dobao. Como Sinbad.
- Lobos de Arga (2012), de Juan Martínez Moreno.
- O Apóstolo (2012), de Fernando Cortizo.
- Somos xente honrada (2013), de Alejandro Marzoa.
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Os paxaros morren no aire (1978), de Chano Piñeiro.
- Esperanza (1986), de Chano Piñeiro.
- A todo tren (1995), de Lidia Mosquera.
- O cambio (1997), de Ignacio Vilar.
- ¿A ti como se che di adeus? (1999), de Jorge Coira.
- Una luz encendida (2000), de Alber Ponte.
- Alzheimer (2000), de Álex Sampayo.
- Xinetes na tormenta (2001), de Ricardo Llovo.
- A Subela (2002), de Luis Avilés.
- La buena caligrafía (2004), de Álex Sampayo.
Televisión
[editar | editar a fonte]Personaxes fixos
[editar | editar a fonte]- Mareas vivas (1998) (Don Amancio, párroco). TVG.
- Un mundo de historias (2001). TVG.
- Pratos combinados (1995-2006) (Pedro Barreiro, avogado). TVG.
- Padre Casares (2008) (Bispo). TVG.
- O Nordés (2009) (Horacio Oliveira, director do xornal). TVG.
Personaxes episódicos
[editar | editar a fonte]- El Comisario (2006). Telecinco.
- Hospital Central (2006). Telecinco.
- Quart (2007). Antena 3.
- Matalobos (2009). TVG (xuíz).
Galardóns
[editar | editar a fonte]Polo seu labor como actor obtivo seis dos máximos premios do cine e do teatro galegos. Así, no cinema obtivo o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria por Os mortos van á présa en 2009, galardón que repetiu en 2010 pola súa interpretación en Retornos. Foi ademais nomeado nesa categoría en 2002, por Entre bateas, en 2003, por Blanca Madison, mentres que en 2011 foi nomeado por Doentes, na categoría de mellor interpretación masculina.
Tamén obtivo tres premios María Casares ao mellor actor protagonista nas producións teatrais Si o vello Sinbad volvese ás illas... (2000), Binomio de Newton (2003) e Kafka e a boneca viaxeira (2013). Foi o único actor galego que obtivo tres galardóns María Casares ao papel protagonista. Ademais, obtivo un María Casares ao mellor actor secundario polo seu papel no Calígula.
No verán do ano 2010 entregou o premio "o máis teatreiro" na honra do coñecidísimo mestre Xosé Agrelo Hermo, no Gran Premio de Carrilanas de Esteiro, o seu pobo natal.
No 2012 obtivo o Premio da Crítica Galicia de Artes Escénicas e Audiovisuais.
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actor secundario | Entre bateas | Nomeado |
2003 | Mellor actor secundario | Blanca Madison | Nomeado |
2008 | Mellor actor secundario | Os mortos van á présa | Gañador |
2010 | Mellor actor secundario | Retornos | Gañador |
2011 | Mellor actor | Doentes | Nomeado |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O actor na obra O florido pénsil.
-
O actor na obra O florido pénsil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Non hai protagonistas sen secundarios» Arquivado 19/06/2013, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 1/2/2009.
- ↑ "Traxectoria teatral seleccionada". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2014. Consultado o 14 de marzo de 2014.